Editar fórmula
Abre a barra Fórmula para crear e inserir cálculos nun documento de texto.
Fórmula
Abre un submenú que permite inserir unha fórmula na cela dunha táboa. Coloque o cursor nunha cela da táboa ou na posición do documento na que desexe que apareza o resultado. Prema na icona Fórmulae escolla a fórmula desexada no submenú.
Aplicar
Transfire o contido da liña de entrada ao documento e pecha a barra de fórmula. O contido da liña de entrada insírese na posición do cursor.
Área de fórmulas
Permite crear fórmulas escribindo directamente na liña de entrada ou premendo na icona Fórmula para mostrar as fórmulas no submenú.
