Axuda do Collabora Office 24.04
As seccións son bloques de texto con nome, incluídos obxectos ou imaxes, que pode utilizar de varias maneiras:
Para impedir que o texto se edite.
Para mostrar ou ocultar texto.
Para reutilizar texto e imaxes doutros documentos de Collabora Office.
Para inserir seccións de texto que utilicen un deseño de columna diferente do estilo de páxina actual.
As seccións conteñen polo menos un parágrafo. Cando selecciona un texto e crea unha sección, insírese automaticamente unha quebra de parágrafo na fin do texto.
Pode inserir seccións dun documento de texto ou un documento de texto completo como sección doutro. Tamén pode inserir seccións dun documento como ligazóns noutro ou no mesmo documento.
Para inserir un novo parágrafo inmediatamente antes ou despois dunha sección prema antes ou despois dela e, a seguir, OpciónAlt+Intro.
Pode inserir seccións nunha sección existente. Por exemplo, pode inserir unha sección que conteña dúas columnas noutra que conteña unha columna.
Os deseños de sección, por exemplo o número de columnas, teñen prioridade sobre o deseño de páxina definido nun estilo.