Axuda do Collabora Office 24.04
Insire unha nota a rodapé ou unha nota final no documento. A áncora da nota insírese na posición actual do cursor. Pode escoller entre numeración automática ou un símbolo personalizado.
O seguinte aplícase tanto ás notas a rodapé como ás notas finais.
As notas a rodapé insírense no final da páxina e as notas finais insírense no final do documento.
Seleccione o tipo de numeración que desexa utilizar para as notas ao pé de páxina e ao final.
Atribúe automaticamente números consecutivos ás notas a rodapé ou notas ao final que insira. Para cambiar os axustes para numeración automática, escolla Ferramentas - Notas a rodapé/Nota final .
Choose this option to define a character or symbol for the current footnote. This can be either a letter, number or special character.
Insire un carácter especial como áncora de nota a rodapé ou final.
Seleccione se quere unha nota a rodapé ou ao final. A numeración das notas ao final é independente da numeración das notas a rodapé.
Insire unha áncora de nota na posición actual do cursor no documento e engade unha nota a rodapé na parte inferior da páxina.
Insire unha áncora nota final na posición actual do cursor no documento eengade unha nota de fin ao final do documento.