Axuda do Collabora Office 24.04
Algúns textos interprétanse como operadores automaticamente. Às veces iso non é o que se pretende. Se vostede quere escribir W* (unha letra cun asterisco sobrescrito), o asterisco interpretarase como operador de multiplicación. Poña o texto directo entre comas duplas ou engada marcadores de espazo.
Exemplos:
Unha fórmula MathType importada contén o seguinte texto
W rSup { size 8{*} }
Se configurou o Math para converter as fórmulas MathType importadas (en Collabora Office - PreferenciasFerramentas - Opcións - Cargar/Gardar - Microsoft Office), verá a fórmula cun espazo reservado en lugar do asterisco.
Cambie {*} por {} * {} tal como na seguinte fórmula:
W rSup { size 8{} * {} }
Tamén pode escribir W^"*" para inserir o carácter como texto directo.
Algunhas fórmulas comezam cun sinal de =. Utilice "=" para inserir ese carácter como texto directo.