Axuda do Collabora Office 24.04
Pode definir grupos e cadeas de caracteres baleiros. Non requiren espazo, mais conteñen información útil para o proceso de aliñamento.
Para crear grupos baleiros, insira chaves {} na xanela Ordes. No seguinte exemplo o obxectivo é obter unha quebra de liña para que os sinais máis fiquen un embaixo do outro, mesmo no caso de que se introduza un sinal menos na liña superior:
a+a+a+{} newline {}{}{}{}{}a+a+a+a
As cadeas de caracteres baleiros son unha maneira sinxela de garantir que textos e fórmulas se aliñen á esquerda. Defínense usando comiñas "". Asegúrese de non usar comiñas tipográficas. Exemplo:
"Outro exemplo:" newline a+b newline ""c-d