Probar intervalos dos cambios de diapositivas
Collabora Office axuda a definir os intervalos de tempo máis axeitados para efectuar os cambios automáticos de diapositivas.
Prepare as diapositivas, inicie a presentación usando unha icona especial, dirixa á súa audiencia imaxinaria os comentarios que quere facer sobre a primeira diapositiva, avance á seguinte diapositiva, e así no sucesivo. Collabora Office grava o tempo de exhibición de cada diapositiva. Cando a presentación volva a reproducirse con cambios automáticos de diapositiva, o intervalo de tempo será igual ao gravado.
Para gravar unha presentación con Probar intervalos
-
Abra unha presentación e escolla Ver - Clasificador de diapositivas.
-
Inicie a presentación coa icona Probar intervalos
da barra Vista de diapositivas. Verase a primeira diapositiva e un cronómetro no recanto inferior.
-
Cando sexa o momento de continuar coa seguinte diapositiva, prema o cronómetro. Para manter a configuración predefinida da diapositiva non prema o cronómetro, senón a diapositiva. Faga o mesmo con todas as diapositivas da presentación.
-
Collabora Office gravou o tempo de visualización para cada diapositiva. Garde a súa presentación.
-
Se desexa que se repita automaticamente toda a presentación, abra o menú Presentación de diapositivas - Configuración da presentación de diapositivas. Prema Bucle e repetir despois de e Aceptar.