Axuda do Collabora Office 24.04
Pode inserir diapositivas doutras presentacións. Tamén é posíbel copiar e pegar diapositivas entre presentacións.
Abra unha presentación e escolla Ver - Normal.
Choose .
Localice o ficheiro de presentación que contén a diapositiva desexada e prema en Inserir.
Prema no signo máis ao lado da icona do ficheiro e seleccione a(s) diapositiva(s) que quere inserir.
Prema en Aceptar.
Abra as presentacións que vai utilizar para copiar e pegar.
Na presentación que contén a(s) diapositiva(s) desexadas, escolla Ver - Clasificador de diapositivas.
Seleccione a(s) diapositiva(s) e escolla Editar - Copiar.
Vaia á presentación en que desexa pegar a(s) diapositiva(s) e escolla Ver - Normal.
Seleccione a diapositiva que vai preceder a que se vai copiar e, a seguir, escolla Editar - Pegar.