Axuda do Collabora Office 24.04
Seleccione unha ferramenta da barra Fluxograma na barra Debuxo.
Arrastre unha forma na diapositiva.
Para engadir máis formas, repita estes pasos.
Abra a barra de ferramentas Conectores na barra Debuxo e seleccione unha liña conectora.
Mova o apuntador do rato sobre o bordo dunha forma para que aparezan os puntos de conexión.
Prema nun punto de conexión, arrastre ata o punto de conexión doutra forma e solte o rato.
Para engadir máis conectores, repita estes pasos.
O esquema básico do fluxograma xa está creado.
Adopte un dos procedementos seguintes:
Prema dúas veces na forma e introduza ou pegue o seu texto.
Prema na icona Texto da barra Debuxo e arrastre un obxecto de texto sobre a forma. Introduza ou pegue o seu texto no obxecto de texto.
Seleccione a forma e escolla Formato - Área.
Seleccione Cor e, a seguir, prema nunha cor da lista.
Atribúa interaccións a algúns obxectos da diapositiva.
Seleccione o obxecto e escolla Presentación de diapositivas - Interacción.
Seleccione unha interacción na caixa de dialogo. Por exemplo, seleccione a opción de pasar á seguinte diapositiva cando o usuario preme no obxecto.