Axuda do Collabora Office 24.04
A icona Curva na barra de ferramentas Debuxo abre unha barra de ferramentas para debuxar curvas de Bézier. As curvas de Bézier defínense por un punto de partida e un punto final, chamados "áncoras". A curvatura da curva Bézier defínena os puntos de control ("agarradoiras"). Para modificar a súa forma mova eses puntos.
Os puntos de control só son visibles no modo "Editar puntos" e se representan con círculos, os puntos de áncora móstranse como cadrados. O punto de partida é un pouco mais grande que o resto dos puntos de áncora.
Os segmentos de curvas de Bézier e de liñas rectas poden asociarse para formar curvas complexas de Bézier. Son aplicables tres transicións diferentes para asociar segmentos adxacentes:
O punto de áncora simétrico ten a mesma curvatura de liña en cada lado, por tanto, as dúas liñas de control móvense xuntas como unha liña recta.
O punto de áncora suave pode ter diferentes curvaturas en cada lado, mais a modificación dun lado altera o outro.
O punto de áncora canto ten un ou dous puntos de control independentes. A modificación dun lado non altera o outro.
Na ferramenta Debuxo, abra a barra de ferramentas Curvas e seleccione a ferramenta Curva tool.
Prema onde desexa iniciar a curva e arrastre na dirección desexada. A liña de control indica a dirección.
Manteña premida Maiús ao arrastrar para restrinxir a dirección en ángulos de 45º.
Sitúe o rato onde desexe colocar o primeiro punto de control.
Mova o apuntador ata o lugar onde desexa que finalice o segmento de curva. A curva segue o apuntador.
Adopte un dos procedementos seguintes:
Prema dúas veces na posición do punto final para finalizar a liña.
Para crear unha forma pechada, prema dúas veces no punto de partida.
Prema e solte o botón do rato para engadir un punto de áncora. Mova o rato para debuxar o seguinte segmento.
Prema e arrastre en calquera dirección para engadir un punto de áncora suave.
Na barra de ferramentas Debuxo, abra a barra de ferramentas Curvas e seleccione a ferramenta Liña de forma libre.
Prema onde desexe comezar a curva e manteña premido o botón do rato.
Arrastre para debuxar como se fose un lapis.
Solte o botón para finalizar a liña.