Axuda do Collabora Office 24.04
Pode usar os estilos para organizar tipos semellantes de liñas e de frechas. Collabora Office fornece algúns ficheiros de estilo estándar que poden cargarse e usarse no documento. Se o desexa, pode engadir ou eliminar elementos dos ficheiros de estilo, ou mesmo crear ficheiros de estilo personalizados.
Escolla Formato - Liña e prema no separador Estilos de liña.
Prema no botón Cargar estilos de liña.
Localice o ficheiro que contén os estilos de liña que quere cargar e prema en Aceptar. O ficheiro ten o formato [nomeficheiro].sod.
Para gardar os ficheiros de estilo de liña, prema no botón Gardar estilos de liña, introduza un nome de ficheiro e prema despois en Aceptar.
Escolla Formato - Liña e prema no separador Estilos de frecha.
Prema no botón Cargar estilos de frecha.