Utilización de teclas de atallo en Collabora Office Impress
Pode utilizar o teclado para acceder a Collabora Office Impress, ou para navegar polo espazo de traballo. Collabora Office Impress utiliza as mesmas teclas de atallo que Collabora Office Draw para crear obxectos de debuxo.
Seleccionar marcadores de posición
A disposición automática do Impress do Collabora Office emprega marcadores de posición para os títulos, texto e obxectos. Para seleccionar un marcador de posición, prema OrdeCtrl+Intro. Para pasar ao seguinte marcador de posición prema OrdeCtrl+Intro de novo.
Se preme OrdeCtrl+Intro após atinxir o derradeiro marcador de posición dunha diapositiva, insírese unha diapositiva nova despois da actual. A nova diapositiva emprega a mesma disposición que a disposición actual.
Durante as presentacións de diapositivas
Para iniciar unha presentación
Para iniciar unha presentación desde o comezo prema F5.
Para iniciar unha presentación desde a diapositiva actual prema Maiús+F5.
Avanzar á seguinte diapositiva ou efecto de animación
Barra de espazos
Avanzar á seguinte diapositiva sen reproducir efectos de animación do obxecto
OpciónAlt+AvPáx
Volver á diapositiva anterior
OpciónAlt+RePáx
Ir a unha diapositiva específica
Introduza o número de páxina da diapositiva, e prema despois en Intro.
Deter a presentación de diapositivas
Esc ou -.
Clasificador de diapositivas
Ao entrar por primeira vez no clasificador de diapositivas, prema en Intro para modificar o foco. Caso contrario, prema en F6 para navegar ata espazo de traballo e, a seguir, prema en Intro.
Seleccionar e cancelar a selección de diapositivas
Use as teclas de frecha para navegar ata a diapositiva que quere seleccionar e despois prema na Barra de espazos. Se quere engadir diapositiva(s) á selección, use as teclas de frecha para navegar ata a(s) diapositiva(s) que quere engadir e prema en Barra de espazos novamente. Para cancelar a selección dunha diapositiva, navegue ata a diapositiva e prema desois en Barra de espazos.
Copiar diapositivas:
-
Empregue as teclas de frecha para navegar até a diapositiva que desexe copiar e prema OrdeCtrl+C.
-
Vaia á diapositiva na que desexa pegar a diapositiva copiada e prema CommandCtrl+V.
Mover diapositivas:
-
Empregue as teclas de frecha para navegar até a diapositiva que desexe mover e prema CommandCtrl+X.
-
Coloque o cursor para onde desexe mover a diapositiva e prema CommandCtrl+V.
-
Seleccione Antes ou Despois da diapositiva activa, e prema despois en Aceptar.