Crear presentacións personalizadas de diapositivas
Pode crear presentacións personalizadas de diapositivas para satisfacer as necesidades da súa audiencia, usando diapositivas na presentación actual.
Para crear presentacións personalizadas de diapositivas:
-
Escolla Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.
-
Prema en Nova e introduza un nome para a presentación de diapositivas na caixa Nome.
-
En Dispositivas existentes, seleccione as diapositivas que desexe engadir á presentación e prema no botón . Manteña Maiús premida para seleccionar un intervalo de diapositivas consecutivas ou OrdeCtrl para seleccionar varias diapositivas individuais.
Pode modificar a orde das diapositivas na presentación personalizada, arrastrando e soltando as diapositivas que hai en Diapositivas seleccionadas.
Para iniciar unha presentación personalizada de diapositivas:
-
Escolla Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.
-
Na lista, seleccione a presentación desexada.
-
Prema en Iniciar.
Se quere que a presentación personalizada se inicie despois de premer na icona Presentación de diapositivas da barra de ferramentas Presentación, ou ao premer en F5, seleccione Utilizar presentación personalizada de diapositivas.
Opcións para executar presentacións de diapositivas
Para iniciar sempre as presentacións de diapositivas a partir da diapositiva actual:
-
Escolla Collabora Office - PreferenciasFerramentas - Opcións - Collabora Office Impress - Xeral.
-
Na área Iniciar presentación, marque a caixa de verificación Sempre coa páxina actual.
Non seleccione esta opción se quere activar unha presentación personalizada de diapositivas.
Para ocultar unha diapositiva:
Para agochar a diapositiva actual prema no botón de acción Agochar diapositiva.
-
Escolla Ver - Clasificador de diapositivas e seleccione a(s) diapositiva(s) que queira ocultar.
-
Escolla Presentación de diapositivas - Mostrar/Ocultar diapositivas.
A diapositiva non se elimina do documento.
Para mostrar unha diapositiva oculta:
-
Escolla Ver - Clasificador de diapositivas e seleccione a(s) diapositiva(s) oculta(s) que queira mostrar.
-
Escolla Presentación de diapositivas - Mostrar/Ocultar diapositivas.

