Animar transicións de diapositivas
É posíbel aplicar un efecto especial que se activa ao mostrar unha diapositiva.
Para aplicar efectos de transición ás diapositivas
-
No modo normal de visualización, seleccione a diapositiva á que queira engadir o efecto de transición.
-
No panel Tarefas, prema en Transición de diapositivas.
-
Elixa unha transición de diapositivas da lista.
É posíbel previsualizar o efecto de transición na xanela do documento.
No panel de diapositiva aparece unha icona a carón da visualización desas diapositivas cunha transición. Ao presentar as diapositivas coa Consola de presentación, a icona
indica que a diapositiva seguinte conta cunha transición.
Para aplicar o mesmo efecto de transición a máis dunha diapositiva.
-
No modo normal de visualización, seleccione a diapositiva á que queira engadir o efecto de transición.
Se o desexa, na barra de ferramentas Ampliación pode empregar a
para cambiar a ampliación da vista das diapositivas.
-
No panel de tarefas, prema en Transición de diapositivas
-
Elixa unha transición de diapositivas da lista.
Para previsualizar o efecto de transición dunha diapositiva prema a icona pequena situada debaixo da mesma no Panel de diapositivas
Para eliminar efectos de transición:
-
No modo normal de visualización, seleccione a diapositiva á que queira engadir o efecto de transición.
-
Escolla Sen transición na caixa de lista do panel Tarefas.