Animar obxectos en diapositivas de presentación
Pódense aplicar efectos de animación predefinidos aos obxectos da diapositiva.
Para aplicar efectos de animación aos obxectos:
-
Ao visualizar unha diapositiva en modo Normal, seleccione o obxecto ao que queira aplicar a animación.
-
Escolla Ver - Animación para abrir o panel Animación personalizada da barra lateral. Prema no botón Engadir (+) e seleccione un efecto de animación.
-
No diálogo Animación personalizada, prema nunha lapela para escoller unha categoría de efectos. Prema nun efecto e despois prema en Aceptar.
Para previsualizar a animación, prema no botón Reproducir.
No panel de diapositiva aparece unha icona a carón da visualización desas diapositivas cun ou máis obxectos con animación personalizada. Ao presentar as diapositivas coa Consola de presentación, a icona
indica que a diapositiva seguinte conta cunha animación personalizada.
Para aplicar e editar un efecto de traxectoria:
Pódese animar un obxecto para que se mova por unha traxectoria. Pódense empregar traxectorias predefinidas ou propias.
Ao seleccionar «Curva», «Polígono» ou «Liña de forma libre», o diálogo péchase e xa se pode debuxar unha traxectoria. Se o debuxo se remata e non se cancela, traxectoria creada retírase do documento e insírese como efecto de traxectoria.
Edición de traxectorias
Se o panel de animación personalizada estiver visíbel, as traxectorias de todos os efectos da diapositiva actual móstranse como unha sobreposición transparente sobre a diapositiva. Todas as traxectorias son visíbeis ao mesmo tempo, co que é posíbel crear facilmente animacións con traxectorias consecutivas.
As traxectorias pódense seleccionar premendo nelas. Unha traxectoria seleccionada admite agarradoiras e pode ser movida e redimensionada igual que unha forma. Premer dúas veces nunha traxectoria inicia o modo de edición de puntos. Tamén se pode iniciar o modo de edición de puntos con ou premendo F8.
Para eliminar efectos de animación dos obxectos:
-
Nunha diapositiva en modo de visualización Normal, seleccione o obxecto do cal queira eliminar o efecto.
-
Escolla Presentación de diapositivas - Animación personalizada.
-
Prema en Eliminar.