Axuda do Collabora Office 24.04
Ten a posibilidade de animar obxectos de debuxo, de texto e imaxes na diapositiva, para tornar a presentación máis interesante. Collabora Office Impress ofrece un editor de animación de funcionamento sinxelo que permite crear imaxes animadas (marcos) reunindo imaxes da diapositiva. O efecto de animación conséguese rodando a través de marcos estáticos anteriormente creados.
Se crea unha animación de mapa de bits (GIF animado), pode atribuír un tempo de atraso a cada un dos marcos e especificar o número de veces que se reproduce a animación.
Select an object or group of objects that you want to include in your animation and choose Insert - Media - Animated Image.
Adopte un dos procedementos seguintes:
Prema no botón Aplicar obxecto para engadir un único obxecto ou un grupo de obxectos ao marco de animación actual.
Prema no botón Aplicar obxectos individualmente para crear un marco de animación separado para cada obxecto seleccionado.
Na área Grupo de animación, seleccione Obxecto de mapa de bits.
Utilice a liña de tempo da animación para especificar o tempo que durará a visualización dun marco e o número de veces que se presentará unha secuencia de animación (Lazo)
Introduza un número de marco na caixa de diálogo Número de imaxe (caixa esquerda).
Na caixa Duración (caixa do medio), introduza o número de segundos que quere que apareza o marco.
Repita os últimos dous pasos de cada un dos marcos da súa animación.
Pode previsualizar a animación usando os controis que hai á esquerda do Número de imaxe.
Na caixa (caixa de dereita) Conta de lazos, seleccione o número de veces que ten que repetirse a secuencia de animación.
Seleccione unha opción de aliñamento para os obxectos da caixa de diálogo Aliñamento.
Prema en Crear.