Axuda do Collabora Office 24.04
Pode converter obxectos bidimensionais (2D) para crear formas diferentes. O Collabora Office pode converter obxectos 2D nos tipos de obxecto seguintes:
Obxectos curvos baseados en curvas de Bézier
Obxectos poligonais compostos de segmentos de liñas rectas.
Obxectos 3D con sombreamento e unha fonte de luz
Obxectos de rotación 3D con sombreamento e unha fonte de luz
A barra de estado mostra «Escena en 3D seleccionada». As escenas en 3C constrúense a partir de obxectos que teñen dimensións nas coordenadas x, y e z. Exemplos disto son os obxectos inseridos desde a barra de ferramentas Obxectos 3D e rectángulos, elipses ou texto creados coas iconas Rectángulo, Elipse ou Texto que están á esquerda na barra de ferramentas Debuxo ou calquera Forma Personalizada, e que foron convertidos en 3D empregando o menú de contexto «Converter - En 3D». É posíbel entrar nestas escenas en 3D (por exemplo, premendo F3) e tamén é posíbel xirar os obxectos en 3D. O Office da Microsoft descoñece estes obxectos reais en 3D. Ao exportar estas escenas en 3D aos formatos do Office da Microsoft expórtase unha instantánea da vista actual como mapa de bits. As barras en 3D das gráficas son tamén deste tipo.
A barra de estado mostra «Forma seleccionada». As Formas Personalizadas poden verse en modo 2D ou 3D. En calquera momento pódese alternar a vista entre os dous modos. Utilízanse Formas Básicas, Formas de Símbolos e as iconas seguintes da barra de tarefas Debuxo para crear Formas Personalizadas. As Formas Personalizadas pódense cambiar empregando a barra de ferramentas Configuración 3D. Non forman unha escena en 3D, non poden ser iluminadas por máis de unha fonte de luz, non mostran reflexos e teñen máis limitacións. Pódense converter nunha escena en 3D mais deixan de ser Formas Personalizadas. Pódense exportar ou importar as Formas Personalizadas en modo 2D ou 3D aos formatos do Office da Microsoft.
Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.
Prema co botón dereito no obxecto e escolla Converter - En curva.
Para modificar a forma do obxecto, prema na icona Puntos na barra de ferramentas Debuxo e arrastre as agarradoiras do obxecto. Tamén pode arrastrar os puntos de control dunha agarradoira para modificar a forma da curva.
Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.
Prema co botón dereito no rato e escolla Converter - En polígono.
Para modificar a forma do obxecto, prema na icona Puntos na barra de ferramentas Debuxo e arrastre as agarradoiras.
Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.
Prema na icona Activar/Desactivar extrusión na barra Debuxo ou prema co botón dereito do rato no obxecto e escolla Converter - En 3D.
Para editar as propiedades do obxecto 3D, utilice as barras de ferramentas Liña e enchedura e Configuración 3D.
Para converter obxectos de texto en obxectos 3D, use a icona de Fontwork , que hai na barra de ferramentas Debuxo.
Os obxectos de rotación 3D créanse rotando o obxecto seleccionado arredor do seu eixe vertical.
Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.
Prema no obxecto co botón dereito do rato e escolla Converter - En obxecto de rotación 3D
Para editar as propiedades do obxecto 3D, use as barras de ferramentas Liña e enchedura e Configuración 3D.
Pode rotar o obxecto 2D antes de convertelo, para crear unha forma máis complexa.