Axuda do Collabora Office 24.04
Converte o obxecto seleccionado nun polígono (un obxecto pechado por liñas rectas). O aspecto do obxecto non muda. Se o desexa, pode premer co botón dereito do rato e escoller Editar puntos para mostrar as alteracións.
Para converter en polígono unha imaxe de mapa de bits, son necesarias as seguintes opcións. A imaxe convertida é simplemente unha colección de polígonos máis pequenos cheos de cor.
Define as opcións de conversión para a imaxe.
Introduza o número de cores que se mostrará na imaxe convertida. Collabora Office xera un polígono para cada ocorrencia dunha cor na imaxe.
Elimina os polígonos de cor máis pequenos que o valor de píxel introducido.
Enche os espazos de cor que aparecen ao aplicar a redución de punto.
Introduza o tamaño do rectángulo que se usará para encher o fondo.
Previsualización da imaxe orixinal.
Previsualización da imaxe convertida. Prema en Previsualización para xerar a imaxe vectorizada.
Mostra o punto en que se encontra a conversión.
Previsualiza a imaxe convertida sen aplicar as modificacións.