Configuración das presentacións de diapositivas
Define opcións para a presentación, incluído como mostrala, desde que diapositiva comezar, como avanzar as diapositivas e se se desexa empregar a consola de presentación ou controlala remotamente.
Intervalo
Especifica que diapositivas se incluirán na presentación.
Todas as diapositivas
Inclúe todas as diapositivas da presentación.
Desde:
Introduza o número da diapositiva inicial.
Presentación personalizada de diapositivas
Executa unha presentación de diapositivas na orde definida en Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.
Modo de presentación
Seleccione o tipo de presentación de diapositivas.
Pantalla completa
Aparece unha diapositiva que ocupa a pantalla completa.
Nunha xanela
A presentación de diapositivas execútase na xanela do programa Collabora Office.
Bucle e repetir despois de
Reinicia a presentación de diapositivas despois do intervalo de pausa especificado. Móstrase unha diapositiva de pausa entre a diapositiva final e a inicial. Prema na tecla Esc para deter a presentación.
Duración de pausa
Introduza a duración da pausa antes de repetir a presentación de diapositivas. Se introduce cero, a presentación reiníciase inmediatamente sen mostrar ningunha diapositiva de pausa.
Mostrar logotipo
Mostra o logotipo de Collabora Office na diapositiva de pausa. O logotipo non pode cambiarse.
Opcións de presentación
Desactivar cambio automático de diapositivas
Ao seleccionar esta caixa, as diapositivas nunca cambian automaticamente.
Cambiar as diapositivas premendo no fondo
Avanza á seguinte diapositiva ao premer no fondo dunha delas.
Apuntador de rato visíbel
Mostra o apuntador do rato durante a presentación de diapositivas.
Apuntador de rato como lapis
Transforma o apuntador do rato nun lapis que pode usarse para debuxar nas diapositivas durante a presentación.
Todo o que escriba co bolígrafo aparece nas diapositivas ao saír da presentación. As propiedades do bolígrafo pódense cambiar escollendo a orde Grosor do bolígrafo ou Cambiar cor do bolígrafo no menú de contexto da presentación.
Activar imaxes animadas
Mostra todos os marcos dos ficheiros GIF animados durante a presentación. Se esta opción non está seleccionada, só se mostra o primeiro marco.
Manter presentación sempre en primeiro plano
A xanela Collabora Office mantense na parte superior durante a presentación. É a única xanela que se mostra diante da presentación.
Modo de presentación con edición ao vivo
Con esta opción marcada, a xanela do documento principal do Impress fica activa durante a presentación. Os usuarios poden continuar a editar o contido da diapositiva. Os cambios vense reflectidos na presentación en curso.
Pantalla
Por omisión, a pantalla primaria é a que se emprega no modo de presentación. Se o escritorio actual se mostra en máis dunha pantalla pódese seleccionar que pantalla empregar no modo de presentación a pantalla completa. Se o escritorio actual só ocupa unha pantalla, ou se o sistema non admite a funcionalidade de varias pantallas, non se pode seleccionar outra pantalla.
Estas opcións gárdanse na configuración do usuario e non dentro do documento.
Pantalla de presentación
Seleccione unha pantalla para empregar no modo de presentación a pantalla completa.
Se o sistema permite que o usuario ocupe unha xanela sobre varias pantallas dispoñíbeis, tamén se pode seleccionar «Todas as pantallas». Neste caso, a presentación ocupa todas as pantallas dispoñíbies.
Consola de presentación
A Consola de presentación fornece controis e ferramentas extra para quen faga a presentación. Pode escoller empregala nunha xanela ou a pantalla completa ou desactivala de vez.
Mostrar barra de navegación
A barra de navegación permite que se controle a presentación con botóns na parte inferior esquerda da pantalla, tanto co punteiro do rato ou directamente na pantalla, se for táctil.
Tamaño de botón
Seleccione o tamaño dos botóns na barra de navegación no menú despregábel.
Control remoto
Activar control remoto
Especifica que se quere activar o control remoto por Bluetooth mentres o Impress estea en execución. Desmarque Activar control remoto para desactivar o control remoto.
Descargar aplicación
Unha ligazón dirixe ás opcións dispoñíbeis para instalar a aplicación no dispositivo.
Permitir conexións por wifi inseguras
Se esta opción está marcada, o Impress do Collabora Office permite conexións inseguras e sen cifrar mediante IP en todas as interfaces.
Só se poden activar conexións Wi-Fi inseguras se o control remoto está activado.
Non se recomenda permitir conexións Wi-Fi inseguras en contornas públicas.
