Conectores
Define as propiedades dun conector.
Tipo
Lista os tipos de conectores dispoñíbeis. Hai catro tipos de conectores: estándar, lineal, recto e curvo.
Oblicuidade de liña
Define a oblicuidade dunha liña conectora. A xanela de previsualización mostra o resultado.
Liña 1
Introduza un valor de inclinación para a liña 1.
Liña 2
Introduza un valor de inclinación para a liña 2.
Liña 3
Introduza un valor de inclinación para a liña 3.
Espazamento entre liñas
Define o espazamento entre liñas dos conectores.
Inicio horizontal
Introduza a cantidade de espazo horizontal que quere que haxa no inicio do conector.
Inicio vertical
Introduza a cantidade de espazo vertical que quere que haxa no inicio do conector.
Final horizontal
Introduza a cantidade de espazo horizontal que quere que haxa na fin do conector.
Final horizontal
Introduza a cantidade de espazo vertical que quere que haxa na fin do conector.
Restabelecer oblicuidade de liña
Restaura os valores de inclinación ao predefinido. (Esta orde só é accesíbel no menú de contexto).