Dimensionamento

Modifica a lonxitude, a medida e as propiedades de guía da liña de dimensión seleccionada.

note

Se quere modificar o estilo de liña ou o estilo de frecha dunha liña de dimensión, escolla Formato - Liña.


Para acceder a esta orde...

No menú contextual dunha liña de dimensión, escolla Dimensións.

Na barra de ferramentas Liñas e frechas, prema na icona Liña de dimensión.

Icon Dimension Line

Liña de dimensión


A Dimension Line is always inserted on the layer called Dimension Lines. If you set that layer to invisible, you will not see any Dimension Line in your drawing.

Liña

Define as propiedades de distancia da liña de dimensión e as guías entre si e respecto á liña base.

Distancia entre liñas

Especifica a distancia entre a liña de dimensión e a liña base (distancia entre liñas = 0).

Proxección de guía

Especifica a lonxitude da guía esquerda e dereita a partir da liña base (distancia entre liñas = 0). Os valores positivos estenden as guías por enriba da liña de base e os negativos por debaixo.

Distancia entre guías

Especifica a lonxitude da guía esquerda e dereita, a partir da liña de dimensión. Os valores positivos estenden as guías por enriba da liña de dimensión e os negativos por debaixo.

Guía esquerda

Especifica a lonxitude da guía esquerda a partir da liña de dimensión. Os valores positivos estenden a guía por debaixo da liña de dimensión e os valores negativos por enriba.

Guía dereita

Especifica a lonxitude da guía dereita a partir da liña de dimensión. Os valores positivos estenden a guía por debaixo da liña de dimensión e os negativos por enriba.

Liña de dimensión debaixo do obxecto

Reverte as propiedades definidas na área Liña.

Número de decimais

Especifica o número de decimais usados para a visualización das propiedades de liña.

Lenda

Define as propiedades do texto de dimensión.

Posición do texto

Determina a posición do texto de dimensión en relación á liña de dimensión e ás guías.

warning

É necesario desmarcar as caixas de verificación Vertical automático e Horizontal automáticoantes de atribuír a posición de texto.


Vertical automático

Determina a posición vertical óptima para o texto de dimensión.

Horizontal automático

Determina a posición horizontal óptima para o texto de dimensión.

Mostrar unidades de medida

Mostra ou oculta as unidades de medida de dimensión. Tamén pode seleccionar unha unidade da lista para mostrala.

Paralelo á liña

Mostra o texto paralelo ou cun ángulo de 90 graos respecto á liña de dimensión.

Previsualizar campo

Mostra unha previsualización da selección actual.

Precisamos da súa axuda!