Axuda do Collabora Office 24.04
Crea unha ou máis copias do obxecto seleccionado.
Escriba o número de copias que desexe facer.
Introdúcese o ancho e o alto do obxecto seleccionado nos cadros Eixe X e Eixe Y respectivamente, así como a cor de recheo do obxecto elixido no cadro Comenzo. O ángulo de rotación do obxecto seleccionado non se introduce.
Define a posición e rotación dun obxecto duplicado en relación aos obxectos seleccionados.
Introduza a distancia horizontal entre o centro do obxecto seleccionado e o do obxecto duplicado. Os valores positivos desprazan o obxecto duplicado cara a dereita; os valores negativos desprázano cara a esquerda.
Introduza a distancia horizontal entre o centro do obxecto seleccionado e o do obxecto duplicado. Os valores positivos desprazan o obxecto duplicado cara a dereita; os valores negativos desprázano cara a esquerda.
Introduza o ángulo (0 a 359 graos) segundo o cal desexa xirar o obxecto duplicado. Os valores positivos xiran o obxecto duplicado no sentido horario e os valores negativos no sentido antihorario.
Define o tamaño dos obxectos duplicados.
Introduza o valor polo que desexa aumentar ou reducir a largura do obxecto duplicado.
Introduza o valor polo que desexa aumentar ou reducir a altura do obxecto duplicado.
Define as cores do obxecto seleccionado e do obxecto duplicado. Se realiza máis dunha copia, esas cores definen os puntos de inicio e de fin da gradación de cor.
Escolla unha cor para o obxecto seleccionado.
Escolla unha cor para o obxecto duplicado. Se está a crear máis de unha copia esta cor aplícaselle á última.