Accesibilidade
Define as opcións que permiten que as persoas con problemas de visión, coordinación, ou outras deficiencias, accedan con máis facilidade aos programas de Collabora Office.
Opcións diversas
Define as opcións de accesibilidade.
Usar o cursor de selección de texto en documentos de texto só de lectura
Mostra o cursor en documentos só de lectura.
Allow animated images
Previsualiza imaxes animadas, como as imaxes GIF, en Collabora Office.
Permitir texto animado
Previsualiza texto animado, como o que pestanexa e se despraza, en Collabora Office.
Opcións de visualización con alto contraste
O alto contraste é unha configuración do sistema operativo que cambia o esquema de cores para mellorar a lexibilidade. Pode decidir como quere que use Collabora Office esa configuración.
Os bordos e sombras das celas móstranse sempre na cor do texto cando o modo alto contraste está activo. Neste caso ignórase a cor do fondo da cela.
Detectar automaticamente o modo alto contraste do sistema operativo
Cambia Collabora Office ao modo alto contraste cando a cor do fondo do sistema é moi escura.
Usar cor de tipo de letra automática para presentación en pantalla
Mostra os tipos de letra en Collabora Office usando a configuración de cor do sistema. Esta opción afecta só á presentación en pantalla.
Usar cores do sistema para previsualizacións de páxina
Aplica a configuración de alto contraste do sistema operativo ás previsualizacións de páxina.
