Axuda do Collabora Office 24.04
Pode optar por reducir os datos necesarios para imprimir o documento. Pode definirse unha configuración diferente para a impresión en impresora e para a impresión en ficheiro.
Escolla - Collabora Office - Imprimir.
Prema unha das seguintes opcións de configuración:
Impresora - Para definir as opcións de redución de datos ao imprimir directamente en impresora
Imprimir nun ficheiro - Para definir as opcións para a redución de datos ao imprimir nun ficheiro
Seleccione calquera combinación das catro opcións e prema Aceptar.
A partir de agora todos os documentos usarán as opcións modificadas.
Imprima o documento.
Pode reducir os datos de transparencia, gradacións ou mapas de bits. En moitas impresoras esta redución non afecta á calidade, mais o tempo da impresión acúrtase sensibelmente e, ao imprimir en ficheiro, o seu tamaño é moito menor.