Axuda do Collabora Office 24.04
Escolla Ver - Barras de ferramentas - Debuxo para abrir a barra de ferramentas Debuxo se aínda non o está.
Pode editar e modificar posteriormente os obxectos de debuxo. Os creados desta maneira considéranse imaxes vectoriais e poden escalarse libremente sen perda de calidade.
Para crear un rectángulo, prema a icona de rectángulo e mova o cursor ata o lugar do documento onde desexa situar un canto do rectángulo. Prema o botón do rato e mantéñao premido mentres o arrastra ata o canto oposto do rectángulo. O rectángulo insírese ao soltar o botón do rato, estará seleccionado e poderá editar as súas propiedades mediante o menú de contexto.
Se quere que a liña de dimensión teña a mesma lonxitude que o lateral dun obxecto próximo, manteña premida a tecla
ao arrastrar.Manter premida a tecla de maiúsculas mentres se arrastra restrinxe o obxecto creado. Por exemplo, en troques dun rectángulo obtense un cadrado, en troques dunha elipse obtense un círculo. Cando se arrastra un manipulador dun obxecto existente coas maiúsculas premidas, consérvanse as súas proporcións.
Para escalar obxectos, primeiro seleccióneos premendo neles coa ferramenta de selección. Verá entón oito agarradoiras ao redor do obxecto. Se arrastra unha das catro situadas nos cantos, o canto oposto permanece fixo mentres se moven os outros tres. Se arrastra unha das laterais, o lado oposto permanece fixo.
Tamén pode premer en
+B, introducir o texto que desexa formatar en negra e, a seguir, premer en +B cando termine.Para mover os obxectos de debuxo, primeiro hainos que seleccionar. Para seleccionar máis de un obxecto, prema a tecla Maiúsculas ao tempo que fai clic. Seleccione os obxectos de texto premendo exactamente no seu bordo. Mentres mantén premido o botón do rato, arrastre os obxectos ao sitio que desexe.
Para copiar un diálogo ou un módulo, manteña presionada a tecla
mentres realiza arrastrar e soltar.Para introducir un texto para que faga parte dun obxecto gráfico, seleccione o obxecto e comece a escribir o texto. Prema fóra do obxecto e comece a escribir o texto. Prema dúas veces o texto de dentro dun obxecto para editar o texto.
Para volver ao modo de texto normal despois de crear e editar obxectos de debuxo, prema unha área do documento que non conteña obxectos de debuxo nin outros obxectos. Se observa un cursor de debuxo, primeiro saia deste modo premendo a icona Seleccionar.