Axuda do Collabora Office 24.04
Un método sinxelo para importar e exportar táboas de bases de datos é utilizar Calc como "aplicativo de axuda".
Pode copiar unha táboa de Base a unha nova folla de Calc, e a seguir gardar ou exportar os datos a calquera formato de ficheiro soportado en Calc.
Abra o ficheiro de base de datos que conteña a táboa da base de datos que desexa exportar. Prema Táboas para visualizalas, ou Consultas para mostrar as consultas.
Escolla Ficheiro - Novo - Folla de cálculo.
Na xanela de Base, prema co botón dereito o nome da táboa que desexa exportar. Escolla Copiar no menú de contexto.
Prema a cela A1 na nova xanela de Calc e a seguir escolla Editar - Pegar.
Agora pode gardar ou exportar os datos a varios tipos de ficheiros.
Os ficheiros de texto, de follas de cálculo e a axenda de enderezos do sistema unicamente se poden importar en modo só de lectura.
Cando se importa desde un ficheiro de texto ou de follas de cálculo, a primeira fila destes ten que ter información de cabeceira. A segunda fila do ficheiro é a primeira fila de datos válida. O formato dos campos da segunda fila determina o de toda a columna. A información relativa ao formato dos ficheiros de follas de cálculo pérdese ao importalos a Base.
Por exemplo, para asegurarse de que a primeira columna ten formato de texto, verifique se o primeiro campo da primeira fila de datos válida contén texto. Se contén un número, toda a columna pasa a ter formato de número e só se mostran na mesma os números, non o texto.
Abra un ficheiro Base do tipo que desexe.
Either create a new Base file using the Database Wizard, or open any existing Base file that is not read-only.
Abra o ficheiro de Calc que conteña os datos que desexe importar a Base. Pode abrir un ficheiro *.dbf de dBASE ou moitos outros tipos de ficheiros.
Seleccione os datos que desexa copiar a Base.
Pode introducir unha referencia de intervalo A1:X500 na Caixa de nome se non desexa desprazarse.
Se copia unha folla de dBASE, inclúa a fila superior que contén os datos da cabeceira.
Escolla Editar - Copiar.
Na xanela de Base, prema Táboas para visualizar as táboas.
Na xanela de Base, escolla Editar - Pegar.
Móstrase a caixa de diálogo Copiar táboa. A maior parte das bases de datos precisan unha chave primaria, polo que pode querer marcar a caixa Crear chave primaria
On Windows systems, you can also use drag-and-drop instead of Copy and Paste. Also, for registered databases, you can open the datasource browser (press
+ Shift + F4 keys) instead of opening the Base window.