Axuda do Collabora Office 24.04
Para editar títulos de gráficas inseridas en documentos de Collabora Office:
Prema dúas veces na gráfica.
Aparece un bordo gris ao redor da gráfica e a barra de menú contén agora ordes para editar os obxectos na gráfica.
Prema dúas veces nun título. Aparecerá un bordo gris ao redor do texto que o usuario poderá modificar. Prema en Intro para crear unha liña.
If no title text exists, choose Insert - Titles to enter the text in a dialog.
Premendo unha única vez sobre o título poderá movelo co rato.
Se quere cambiar o formatado do título principal, escolla Formato - Título - Título principal, que abre a caixa de diálogo Título.
Para facer modificacións escolla entre os separadores dispoñíbeis na caixa de diálogo.
Prema en Aceptar. No documento, prema fóra da gráfica para saír do modo edición.