Axuda do Collabora Office 24.04
Para editar a lenda dunha gráfica:
Prema dúas veces na gráfica.
Aparece un bordo gris ao redor da gráfica e a barra de menú contén agora ordes para editar os obxectos na gráfica.
Escolla Formato - Lenda ou prema dúas veces na lenda. Aparecerá a caixa de diálogo Lenda.
Escolla entre os separadores dispoñíbeis para facer as modificacións que desexe e, a continuación, prema Aceptar.
Para seleccionar a lenda, prema dúas veces na gráfica (vexa o paso 1) e, a seguir, prema na lenda. Agora pode mover a lenda mediante o rato.