Axuda do Collabora Office 24.04
Para editar os eixes dunha gráfica que inseriu:
Prema dúas veces na gráfica.
Aparece un bordo gris ao redor da gráfica e a barra de menú contén agora ordes para editar os obxectos na gráfica.
Escolla Formato - Eixes e, a seguir, seleccione o eixe (ou eixes) que desexe editar. Aparecerá unha caixa de diálogo.
Seleccione entre as seccións dispoñíbeis e faga os cambios requiridos (por exemplo, seleccione a lapela Escala se desexa modificar a escala dos eixes).
Prema en Aceptar. No documento, prema fóra da gráfica para saír do modo edición.