Desactivar o recoñecemento automático de URL

Ao introducir texto, Collabora Office recoñece automaticamente se a palabra introducida pode ser un URL e a substitúe por unha hiperligazón. Collabora Office formata a hiperligazón con atributos de tipo de letra directos (cor e subliñado), cuxas propiedades se obteñen a partir de determinados estilos de carácter.

Os textos seguintes transfórmanse en hiperligazóns:

Texto

Hiperligazón corrixida automaticamente

Enderezos de correo electrónico

x@x, mailto:x

Enderezos web

http://x, https://x, www.x.x

Enderezos de ficheiro

file://x, ftp://x, smb://x


onde x é un ou máis caracteres

Se non desexa que Collabora Office recoñeza automaticamente os URLs mentres teclea, pode desactivar esta función de varias formas.

Desfacer o recoñecemento de URL

  1. When you are typing and notice that a text has just been automatically converted into a hyperlink, press +Z to undo this formatting.

  2. Se non se decata da conversión ata máis tarde, seleccione a hiperligazón e escolla a orde de menú Formato - Formatado predefinido.

Desactivar o recoñecemento de URL

  1. Cargue un documento do tipo para o cal desexa modificar o recoñecemento de URL.

    Se desexa modificar o recoñecemento de URL en documentos de texto, abra un documento de texto.

  2. Escolla Ferramentas - SQL.

  3. Na caixa de diálogo Autocorrección, seleccione o separador Opcións.

  4. Se desmarca Recoñecemento de URL, as palabras non se substituírán automaticamente por hiperligazóns.

    En Collabora Office Writer hai dúas caixas de verificación ao lado de Recoñecemento de URL. A caixa situada na primeira columna é para a edición posterior e a caixa situada na segunda columna é para a autocorrección ao teclear.

Precisamos da súa axuda!