Axuda do Collabora Office 24.04
O Collabora Office inclúe moitos documentos de exemplo e modelos preparados para seren usados. Pode acceder a eles escollendo Ficheiro - Novo - Modelos ou premendo Maiús.+ +N.
Ao abrir un dos modelos créase un documento novo baseado neste modelo.
Prema no botón Explorar modelos na rede na caixa de diálogo para seleccionar e descargar máis modelos.
Tamén pode utilizar os diferentes asistentes (no menú Ficheiro - Asistentes) para crear os seus propios modelos, que pode empregar como base doutros documentos.