Axuda do Collabora Office 24.04
Especifica, para cada tipo de modelo e de documento, o cartafol de lectura e o de gravación.
Determina se os modelos deben convertirse e como.
Teña en conta que a etiqueta "Modelos de texto" cambia segundo as seleccións feitas na páxina anterior. Por exemplo, se os documentos seleccionados son de Microsoft Word, na etiqueta aparece "Modelos de Word".
Indica que os modelos han de ser convertidos.
Indica que tamén se han buscar ficheiros coincidentes nos subdirectorios do directorio seleccionado.
Indica o directorio que contén os ficheiros orixinais.
Indica o directorio no que se han escribir os ficheiros de destino.
Abre unha caixa de diálogo para seleccionar a ruta desexada.
Determina se os documentos se converten e como.
Teña en conta que a etiqueta "Documentos de texto" cambia segundo as seleccións feitas na páxina anterior. Por exemplo, se os documentos seleccionados son de Microsoft Word, na etiqueta aparece "Documentos de Word".
Indica que os documentos han de ser convertidos.
Pode continuar na páxina seguinte do Conversor de documentos.