Axuda do Collabora Office 24.04
As páxinas de axuda do Collabora Office móstranse no navegador web predeterminado do seu sistema.
O sistema de axuda de todas as versións do software está baseado nos mesmos ficheiros. Algunhas das funcións descritas na axuda poden non estar incluídas nesta distribución en particular. Algunhas funcionalidades específicas dunha distribución poden non ser mencionadas nesta axuda.
As páxinas de axuda das extensións do Collabora Office aínda empregan o sistema de axuda antigo. As páxinas de axuda do sistema de axuda antigo están dispoñíbeis aquí.
Situado na parte superior da páxina, prema para abrir a lista despregábel e seleccione o módulo do Collabora Office que desexe para mostrar a páxina principal de entrada da axuda dese módulo.
Só dispoñíbel na versión na rede, seleccione o idioma no que desexe mostrar a páxina de axuda actual.
O índice da axuda mostra unha lista de palabras clave para todos os módulos do Collabora Office. Prema en calquera palabra clave para abrir a páxina de axuda asociada.
Escriba a palabra clave na caixa de texto Buscar. A busca realízase inmediatamente, segundo se vai escribindo a palabra.
Os resultados da busca móstranse como unha lista filtrada de coincidencias agrupadas polo nome do módulo. Os resultados da busca inclúen tamén correspondencias próximas. As partes coincidentes do termo de busca destácanse en cada resultado.
O título GLOBAL indica unha coincidencia para palabras chave relevantes para máis de un módulo do Collabora Office. Por exemplo, os bordos das celas aplícanse tanto ás celas das follas de cálculo como ás celas de táboas ou marcos de texto e táboas de presentación.
Empregue as iconas de frecha do fondo do índice analítico para examinar as entradas do índice analítico ou a lista de resultados filtrados.
Mostra un índice analítico dos tópicos principais de todos os módulos.
Prema nun cartafol pechado (⊞ para abrilo e mostrar os subcartafoles e páxinas de axuda.
Prema nun cartafol aberto (⊟ para pechalo e agochar os subcartafoles e páxinas de axuda.
Prema nunha ligazón para mostrar a páxina de axuda correspondente.
Empregue os botóns Atrás e Adiante do navegador para se mover entre as páxinas. Na maioría dos navegadores un clic longo no botón Atrás mostra unha lista despregábel de páxinas visitadas anteriormente e un clic longo no botón Adiante mostra unha lista de páxinas visitadas despois da actual.
Empregue a funcionalidade de marcadores no navegador para acceder rapidamente ás páxinas de axuda relevantes. Para engadir un marcador a unha páxina na maioría dos navegadores:
Abra o menú Marcador do navegador,
seleccione Engadir marcador ou
Prema +D na maioría dos navegadores.
Introduza o nome, cartafol e etiquetas significativas para o marcador.
Peche a caixa de diálogo dos marcadores do navegador web.
Cada páxina de axuda visitada fica rexistrada no historial do navegador. Para abrir o historial de navegación:
Escolla o menú Historial do navegador web,
Seleccione Mostrar historial.
Prema en calquera entrada da xanela principal do historial parar abrir a páxina de axuda correspondente.
Pode copiar contido da páxina de axuda no portapapeis do seu sistema operativo coas ordes normais de copia. Por exemplo:
Nunha páxina de axuda, seleccione o texto que desexe copiar.
Prema en +C.
Algún contido das páxinas de axuda pode ser copiado ao portapapeis do sistema cun só clic do rato. Nestes casos aparece unha axudiña ao pasar o rato sobre o contido activado para copia. Por exemplo, a liña seguinte está activada para copia:
=SUMA(A1:A10)
Para buscar na páxina de axuda actual:
Abra a ferramenta de busca no navegador web, normalmente accesíbel co atallo +F.
Na caixa Buscar introduza o texto que desexe atopar.
Seleccione as opcións de busca que desexe empregar.
Prema Intro.
Para atopar a aparición anterior do termo de busca na páxina, prema na Frecha para arriba. Para atopar a seguinte aparición, prema na Frecha para abaixo.