Axuda do Collabora Office 24.04
Empregue a icona Engadir a marcadores para inserir un marcador para a páxina actual mostrada na Axuda.
Os marcadores encóntranse no separador Marcadores.
Premer dúas veces nun marcador ou premer a tecla Intro abre a páxina correspondente na Axuda. Un clic co botón dereito abre o menú de contexto.
Empregue a tecla Supr para eliminar un marcador seleccionado.
Nos menús de contexto dos marcadores encóntranse as seguintes ordes:
Mostrar - mostra o tema de axuda seleccionado.
Renomear - abre unha caixa de diálogo onde pode introducir outro nome para o marcador.
Eliminar - elimina o marcador seleccionado.