Como obter soporte
No sitio web do Collabora Office.
Para un resumo dos servizos de soporte actuais, consulte o ficheiro Readme que hai no cartafol do Collabora Office.
Páxinas de axuda no idioma local
Os proxectos de localización do Collabora Office oferecen páxinas de soporte en moitos idiomas. Atope un resumo dos proxectos en idiomas nativos no sitio web do Collabora Office. Tamén pode atopar axuda e soporte en inglés no sitio web do Collabora Office.
Listas de correo
Pregunte sobre o Collabora Office, atope axuda de voluntarios e discuta temos nas listas de correo públicas. Pode atopar moitas listas de correo xerais e especializadas no sitio web do Collabora Office en www.libreoffice.org.
Foro
Pode acceder aos foros na web para preguntar e responder preguntas sobre o Collabora Office. Escolla para acceder ao foro no seu idioma.
Seguranza
No caso de que lle preocupe calquera problema de seguranza ao usar este software, pode contactar cos programadores na lista de correo pública. Se desexa discutir calquera problema co outros usuarios, envíe unha mensaxe de correo á lista de correo pública users@global.libreoffice.org.
Descargas
Pode descargar a versión máis recente do Collabora Office en www.libreoffice.org/download/.
Documentación
Pode descargar a documentación como ficheiros en PDF, guías de uso e guías do sitio web de documentación do Collabora Office e documentation.libreoffice.org. Tamén pode acceder ao sitio web de documentación escollendo o menú .
Participe e contribúa
Se quere ter un rol efectivo na comunidade global de Collabora Office, aceptarase moi ben que comente, discuta as características, propoña melloras, escriba un artigo de preguntas frecuentes ou un manual de como se fai algo, cree un videotutorial, etc.
Visite a páxina Participe do sitio web e siga as ligazóns aos colaboradores.