Axuda do Collabora Office 24.04
Na caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos, seleccione Campos para inserir no documento como campos os datos seleccionados. Estes campos de bases de datos funcionan como caracteres comodín nas columnas individuais da bases de datos e poden usarse en cartas modelo. Prema na icona Datos en campos para facer coincidir o contido dos campos co rexistro seleccionado.
Se selecciona varios rexistros ao escoller a función Datos para texto, os campos de combinación de correspondencia insírense de acordo co número de rexistros. Alén diso, insírese automaticamente unha orde de campo como "Seguinte rexistro" entre bloques individuais de ordes de campo.
A caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos permite definir os campos de base de datos que se deben inserir no documento e a maneira de formatar os parágrafos.
Na área Campos, use a frecha para seleccionar as columnas da táboa de base de datos en que desexa inserir o contido do campo.
Lista as columnas da táboa de base de datos admisíbeis na caixa de lista de selección para a súa inserción no documento. Seleccione as columnas que desexa inserir.
Moves the fields that you selected in the Database columns list box into the selection field. You can also double-click the entry to select it.
Lista as columnas da base de datos seleccionadas para a súa inserción no documento. O texto que escriba aquí tamén se inserirá no documento. A orde das entradas no campo de selección correspóndese coa orde dos datos no documento.
Especifica o formato para inserir os campos de base de datos no documento.
Acepta os formatos da base de datos.
Especifica un formato da lista se non se acepta a información de formato de determinados campos de datos. Os formatos aquí fornecidos están dispoñíbeis só para determinados campos de bases de datos, como os numéricos ou booleanos. Se selecciona un campo de base de datos en formato de texto, non pode seleccionar ningún formato na lista de selección, pois o formato de texto mantense automaticamente.
Se o formato que quere non está listado, seleccione "Outros formatos..." e defina o formato na caixa de diálogo Formato numérico.
O formato numérico atribuído mediante a lista de selección, refírese ao campo de base de datos seleccionado na caixa de lista Columnas da base de datos.
Os parágrafos inseridos formátanse por omisión cos estilos de parágrafo actuais. Este formato corresponde á entrada «ningún» da caixa de lista Estilo de parágrafo, onde é posíbel seleccionar outro estilo para o parágrafo que se desexe inserir no documento. A caixa de lista exhibe os estilos de parágrafo definidos en Collabora Office e xestionados no Catálogo de estilos.