Axuda do Collabora Office 24.04
Indique o texto da etiqueta e escolla o seu tamaño de papel.
Introduza o texto que desexa que apareza na(s) etiqueta(s).
Introduza o texto que desexe que apareza na etiqueta. Tamén pode inserir un campo dunha base de datos.
Crea unha etiqueta co seu enderezo de remitente. O texto que haxa na caixa Texto da etiqueta é substituído.
Para cambiar o seu enderezo de remitente, escolla - Collabora Office e a seguir prema a lapela Datos do usuario.
Seleccione a base de datos que desexe empregar como fonte de datos da etiqueta.
Seleccione a táboa da base de datos que conteña o(s) campo(s) que desexe empregar na etiqueta.
Seleccione a base de datos que desexe e prema na frecha para a esquerda desta caixa para inserir o campo na caixa Texto da etiqueta.
O nome do campo da base de datos está delimitado por parénteses na caixa Texto da etiqueta. Se o desexa, pode separar os campos da base de datos con espazos. Prema Intro para inserir un campo da base de datos nunha liña nova.
Pode seleccionar un formato de tamaño predefinido para a etiqueta ou un formato de tamaño que indique na lapela Formato.
Imprime etiquetas en papel continuo.
Imprime etiquetas en follas individuais.
Escolla a marca de papel que desexe empregar.Cada marca ten os seus propios formatos de tamaño.
Seleccione o formato de tamaño que desexa empregar. Os formatos dispoñíbeis dependen da marca seleccionada na lista Marca. Se desexa empregar un formato de etiqueta personalizado, seleccione [User] e a seguir prema na lapela Formato para definir o formato.
O tipo de papel, as dimensións da etiqueta e a grella de etiquetas aparecen na parte inferior da área Formato.