Axuda do Collabora Office 24.04
A caixa de diálogo Exportación de ficheiros de texto permite definir as opcións de exportación para ficheiros de texto. Móstrase cando se gardan os datos dunha folla de cálculo co tipo de ficheiro "Texto CSV" e cando a caixa de selección Editar configuración de filtros da caixa de diálogo Gardar como está marcada.
Define o separador de campo, o separador de texto e o conxunto de caracteres utilizados para a exportación de texto.
Especifica o conxunto de caracteres utilizados para a exportación de texto.
Escolla ou introduza o delimitador de campo, que separa campos de datos.
Escolla ou introduza o delimitador de texto, que inclúe todos os campos de datos.
Exporta todas as celas de texto cos caracteres de aspas iniciais e finais tal e como se indica naa opción de delimitadores de texto. Se non se escolle, só se rodean de aspas as celas de texto que conteñan o carácter delimitador de campos.
Activado por omisión, os datos gárdanse tal e como se mostran, incluídos os formatos numéricos aplicados. Se esta opción non estiver marcada gárdase o contido de datos crus, como nas versións antigas do software.
Dependendo do formato numérico, gardar o contido das celas tal e como se mostra pode escribir valores que non sexa posíbel interpretar como valores numéricos durante unha importación.
Exporta todos os campos de datos cunha largura fixa.
A largura dun campo de datos do ficheiro de texto exportado defínese pola largura da columna correspondente.
Os valores expórtanse no formato en que están a ser exhibidos na cela.
Se un valor é maior que a largura fixa da columna, expórtase como ###.
Se unha cadea de texto é maior que a largura fixa da columna, descártase ao final.
Os aliñamentos á esquerda, centralizado e á dereita simúlanse por medio da inserción de espazos en branco.