Traballar con capas
Os debuxos do Draw do Collabora Office admiten capas.
Seleccionar unha capa
Para seleccionar unha capa, prema no separador de capa que hai na parte inferior do espazo de traballo.
Para editar as propiedades dunha capa, prema dúas veces nun separador de capa.
Agochar capas
-
Seleccione unha capa e escolla Formato - Capa.
-
Na área Propiedades, desmarque a opción Visíbel.
-
Prema en Aceptar.
No separador da capa, a cor de texto do nome tórnase azul.
É posíbel tornar as capas visibles ou invisibles premendo no separador correspondente, mantendo a tecla Maiús premida.
Mostrar capas ocultas
-
Seleccione unha capa oculta e, a seguir, escolla Formato - Capa.
-
Na área Propiedades, desmarque a opción Visíbel.
-
Prema Aceptar.
Bloquear capas
-
Seleccione unha capa e escolla Formato - Capa.
-
Na área Propiedades, seleccione a opción Bloqueado.
-
Prema Aceptar.
Non é posíbel editar obxectos nunha capa bloqueada.
Desbloquear capas
-
Seleccione unha capa e despois escolla Formato - Capa.
-
Na área Propiedades, desmarque a opción Bloqueado.
-
Prema Aceptar.
