Axuda do Collabora Office 24.04
Pode crear e editar obxectos de debuxo utilizando o teclado.
Prema en F6 para navegar ata a barra Debuxo.
Prema na tecla de frecha Dereita ata alcanzar a icona dunha ferramenta de debuxo.
Se hai unha frecha ao lado da icona, a ferramenta de debuxo abrirá unha barra secundaria. Prema na tecla de frecha cara a arriba ou cara a abaixo para abrir esa barra . A seguir, prema na tecla Dereita ou Esquerda para seleccionar unha icona.
Prema OrdeCtrl+Intro.
O obxecto créase no centro do documento.
Para volver ao documento prema ComandoCtrl+F6.
Pode usar as teclas de frecha para colocar o obxecto no lugar desexado. Para escoller unha orde do menú de contexto, prema en Maiús+F10.
Prema ComandoCtrl+F6 para entrar no documento.
Prema en Tab ata chegar ao obxecto desexado.