Axuda do Collabora Office 24.04
Obxectos 3D por si mesmos forman unha escea 3D en que se poden combinar nunha única escea 3D.
Insira un obxecto 3D (por exemplo, un cubo) a partir da barra de ferramentas Obxectos 3D.
Insira un segundo obxecto 3D lixeiramente maior (por exemplo, unha esfera).
Seleccione o segundo obxecto 3D (a esfera) e escolla Editar - Cortar.
Prema dúas veces no primeiro obxecto (o cubo) para entrar no seu grupo.
Escolla Editar - Pegar. Agora ambos os obxectos fan parte do mesmo grupo. Se quere, pode editar os obxectos individuais ou modificar a súa posición dentro do grupo.
Prema dúas veces fóra do grupo para pechalo.
Non pode facer a intersección de obxectos en 3D nin subtraelos.