Axuda do Collabora Office 24.04
Un recheo de gradación é unha mestura de dúas cores diferentes que se vai incrementando, ou de sombras da mesma cor, que se pode aplicar a un obxecto de debuxo.
Seleccione un obxecto de debuxo.
Escolla Formato - Área e seleccione Gradación como tipo de Recheo.
Seleccione unha gradación da lista e prema en Aceptar.
Pode definir as súas propias gradacións ou modificar as existentes, para alén de gardar e cargar unha lista de ficheiros de gradacións.
Escolla Formato - Área e prema na lapela Gradacións.
Seleccione unha gradación da lista para utilizala de base para a nova gradación e prema en Engadir.
Introduza un nome para a gradación na caixa de texto e prema en Aceptar.
O nome aparece no final da lista de gradacións seleccionada para editala.
Defina as propiedades da gradación e prema en Modificar para gardala.
Prema en Aceptar.
Pode axustar co rato as propiedades dunha gradación e a transparencia dun obxecto de debuxo.
Seleccione un obxecto de debuxo coa gradación que desexa modificar.
Escolla Formato - Área e prema na lapela Gradacións.
Axuste os valores da gradación ata que obteña o que necesita e prema en Aceptar.
Para axustar a transparencia dun obxecto, seleccióneo, escolla Formato - Área e prema na lapela Transparencia.