Axuda do Collabora Office 24.04
A barra de ferramentas Elipse contén ferramentas para debuxar elipses e círculos. Tamén pode debuxar segmentos e sectores de círculos e elipses.
Abra a barra de ferramentas Elipses e prema na icona Segmento circular ou Sector elíptico . O apuntador do rato transfórmase nunha cruz cunha pequena icona de sector.
Para crear o círculo, coloque o apuntador no bordo do círculo que quere debuxar e arrastre.
Para crear un círculo arrastando desde o centro, prema OpciónAlt ao arrastar.
Cando o círculo alcance o tamaño que vostede quere, solte o botón do rato. Aparecerá unha liña que se corresponde co raio do círculo dentro do círculo.
Coloque o apuntador do rato onde desexa situar o primeiro límite do sector e prema.
Pode premer en calquera lugar do documento, xa que a liña do raio que acompaña o cursor restrínxese aos límites do círculo.
Coloque o apuntador do rato no lugar onde desexa situar o segundo límite do sector e prema. Móstrase o sector completo.
Para debuxar un segmento de círculo ou elipse siga os pasos para a creación dun sector baseado nun círculo.
Para debuxar un arco baseado nunha elipse escolla unha das iconas de arco e siga os mesmos pasos para a creación dun sector baseado nun círculo.