Axuda do Collabora Office 24.04
Configure cores personalizadas e engádaas á paleta de cores Personalizada.
Escolla Formatar - Área, prema na lapela Área e prema o botón Cor. Móstrase unha táboa coas cores da paleta predeterminada.
As cores personalizadas gárdanse na paleta de cores Personalizado.
Prema nunha cor da táboa que sexa semellante á que desexa definir. Pode seleccionar a cor semellante de calquera das paletas de cores dispoñíbeis na zona Cores á esquerda das Cores recentes na lista que hai embaixo da táboa de cores. A cor aparece na caixa de visión previa Nova que hai á dereita da caixa de diálogo.
Prema no botón Escoller para abrir o diálogo Escoller unha cor.
O Collabora Office só emprega o modelo de cores RGB para imprimir en cores. Os valores RGB da cor seleccionada móstranse por debaixo das caixas de vista previa.
Prema no botón Engadir para engadir a cor personalizada á paleta de cores Personalizado. Aparece unha caixa de diálogo que pide que se introduza un nome para a cor. Introduza un nome único para a nova cor dentro de todos os nomes de cores existentes na paleta de cores Personalizado.
Para retirar unha cor da paleta de cores Personalizado, seleccione a paleta de cores Personalizado na zona Cores, seleccione a cor que desexa eliminar e prema Eliminar.