Axuda do Collabora Office 24.04
Unha «consulta» é unha vista especial dunha táboa. Unha consulta pode mostrar rexistros escollidos ou campos escollidos dentros dos rexistros; tamén pode ordenar eses rexistros. Unha consulta pódese aplicar a unha táboa ou a varias, se estiveren ligadas por campos de datos en común.
Empregue as consultas para atopar rexistros das táboas de datos con base en determinados criterios. Todas as consultas creadas para unha base de datos aparecen na entrada Consultas. Debido a que esta entrada contén as consultas da base datos, tamén se coñece como «contedor de consultas».
Para imprimir unha consulta ou táboa:
Abra un documento de texto (ou un documento de folla de cálculo se prefire as funcións de impresión específicas deste tipo de documento).
Abra o ficheiro da base de datos e prema na icona Táboa se desexa imprmir unha táboa, ou prema na icona Consulta se desexa imprimir unha consulta.
Arrastre o nome da táboa ou consulta para o documento de texto ou folla de cálculo abertos. Ábrese a caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos.
Decida que columnas = campos de datos desexa incluír. Tamén pode premer no botón Formato automático e seleccionar o tipo de formata correspondente. Peche a caixa de diálogo.
A consulta ou táboa inserirase no seu documento.
Imprima o documento, escollendo Ficheiro - Imprimir.
Tamén pode abrir a vista de fonte de datos (Ctrl+Maiús+F4), seleccionar a táboa da base de datos enteira na vista de fonte de datos (prema no recanto superior esquerdo da táboa) e arrastrar a selección para un documento de texto ou folla de cálculo.
Permite ordenar e filtrar os datos nunha táboa de consulta.
Con Deseño de consulta pode crear e editar unha consulta ou visualización.
O resultado da consulta pode conter datos de varias táboas no caso de que estean ligadas entre si polos campos de datos adecuados.
Pode indagar que operadores e ordes pode utilizar para formular as condicións de filtraxe dunha consulta.
Pode facer cálculos cos datos da táboa e almacenar os resultados das consultas.