Asistente de gráfica - Intervalo de datos
Nesta páxina do Asistente de gráfica pode seleccionar unha fonte simple do intervalo de datos. Este intervalo podería constar de máis dun intervalo de celas rectangular.
Utilice a páxina Asistente de gráfica - Serie de datos se necesita máis control sobre os intervalos de datos.
dispoñíbel para gráficas baseadas en táboas Calc ou Writer.
intervalo de datos
-
Seleccione o intervalo de datos. Realice unha das seguintes accións:
Introduza o intervalo de datas na caixa de texto.
de datos podería ser "$Sheet1.$B$3:$B$14". Teña en conta que un intervalo de datos pode consistir en máis dunha rexión nunha folla de cálculo, por exemplo, "$Sheet1.A1:A5;$Sheet1.D1:D5" tamén é un intervalo de datos válido. En Writer, un exemplo de intervalo de datos podería ser "Table1.A1:E4".
No Calc, prema Seleccionar intervalo de datos para minimizar a caixa de diálogo e arrastre sobre unha área de celas para seleccionar o intervalo de datos.
Se desexa un intervalo de datos de varias áreas de cela que non sexan adxacentes introduza o primeiro intervalo e despois engada manualmente un punto e vírgula no final da caixa de texto e introduza os demais intervalos. Empregue un punto e vírgula como delimitador entre intervalos.
-
series de datos en filas ou en columnas.
-
datos ten etiquetas na primeira fila, na primeira columna ou en ambas.
Na previsualización pode ver como será o aspecto final da gráfica.