Axuda do Collabora Office 24.04
Nesta páxina do Asistente de gráfica pode escoller os elementos de gráfica que se deben mostrar.
Introduza títulos ou prema nos elementos que desexa mostrar na gráfica actual.
Se introduce texto para un título, subtítulo ou calquera eixe, o espazo necesario reservarase para mostrar o texto ao lado da gráfica. Se non introduce un texto, o espazo non se reservará, deixando máis espazo para mostrar a gráfica.
Non é posíbel ligar un texto pequeno a unha cela. Debe introducir o texto directamente.
Cando a gráfica está finalizada, pode modificar a posición e outras propiedades no menú Formato.
A lenda mostra as etiquetas para a primeira fila ou columna, ou para o intervalo que ten definido na caixa de diálogo Serie de datos. Se a gráfica non contén etiquetas, a lenda mostra texto como "Fila 1, Fila 2, ...", ou "Columna A, Columna B, ..." de acordo co número da fila ou a letra da columna dos datos da gráfica.
Non pode introducir o texto directamente, xérase automaticamente desde o intervalo de cela Nome.
posición. Cando a gráfica estea finalizada pode especificar outras posicións no menú Formato.
As liñas de grade visíbeis poden axudar a estimar valores de datos na gráfica.
A distancia das liñas de grade corresponde á configuración do intervalo no separador Escala das propiedades do eixe.
As liñas de grade non están dispoñíbeis para gráficas por sectores.
utilice o menú Inserir da gráfica en modo edición. Aquí pode definir os seguintes elementos:
Eixos secundarios
Grades secundarias
Etiquetas para datos
Statistics, for example mean values, y error bars and trend lines