Axuda do Collabora Office 24.04
Na primeira páxina do Asistente de gráfica ou no menú de contexto dunha gráfica.
A previsualización da gráfica responde á nova configuración que introduciu na caixa de diálogo.
A configuración aplicarase permanentemente cando saia da caixa de diálogo premendo Aceptar.
Ao sair da caixa de diálogo premendo Cancelar ou Escape, a gráfica volve ao estado que tiña cando abriu a caixa de diálogo.
Nas gráficas 3D pode escoller
para definir a perspectiva, a apariencia e a iluminación.Introduza os valores para a rotación da gráfica en tres eixes e o para a visualización de perspectiva.
Defina todos os ángulos como 0 para visualizar a parte frontal da gráfica. As gráficas por sectores e as gráficas donut móstranse como círculos.
With Right-angled axes enabled, you can rotate the chart contents only in X and Y direction, that is, parallel to the chart borders.
Un valor x de 90, con x e y definidos como 0, fornece unha visualización desde a parte superior á inferior da gráfica. Con x definido como -90, visualízase a parte inferior.
As rotación aplícanse na seguinte orde: primeiro x, despois y e finalmente z.
Cando o sombreamento está activado e roda unha gráfica, as iluminacións rodan como se estivesen fixadas á gráfica.
Os eixes de rotación sempre se relacionan coa páxina, non cos eixes da gráfica. Nisto diferénciase doutros programas de gráficas.
Seleccione a caixa de verificación Perspectiva para ver a gráfica desde unha perspectiva central, isto é, como se fose a través do obxectivo dunha cámara, e non por medio dunha proxección paralela.
Definir a lonxitude do foco co botón xiratorio. O 100% equivale a unha perpectiva en que o tamaño do bordo máis lonxano da gráfica é aproximadamente a metade do bordo máis próximo.
As versións anteriores de Collabora Office non poden mostrar a porcentaxe de perspectiva da mesma maneira que a actual.
Seleccionar un esquema da caixa de lista.
Seleccionando un esquema, as caixas de verificación e as fontes de luz defíninse de forma acorde.
Se marca ou desmarca unha combinación de caixas de verficación que non é dada polo esquema Realista ou Simple, crea un esquema personalizado.
Marque Sombreamento para utilizar o método Gouraud para renderizar a superficie, no caso contrario utilízase o método plano.
O método plano define unha cor simple e un brillo para cada polígono. Os bordos están visíbel e non son posíbeis as gradacións suaves e os puntos de luz.
O método Gouraud utilízase para obter visualizacións con gradacións máis suaves e realistas.
Marque Bordos de obxecto para debuxar liñas ao longo dos bordos.
Marque Bordos arredondados para suavizar os bordos das formas da caixa.
Set the light sources for the 3D view.
Prema en calquera dos oito botóns para activar ou desactivar unha fonte de luz dirixida.
A segunda fonte de luz está activada de forma predefinida. Esta é a primeira de sete "normal", fontes de luz uniformes. A fonte luz número un proxecta unha luz especular con realces.
Para a fonte de luces seleccionada, pode escoller unha cor e unha intensidade na caixa de lista xusto debaixo dos oito botóns. Engádense os valores de brillo de todas as luces para utilizar cores escuras ao activar varias luces.
A previsualización pequena existente dentro desta lapela ten dous controis deslizantes para definir a posición horizontal e vertical das fontes de luz seleccionadas. A fonte de luz apunta sempre para o medio do obxecto.
O botón do canto da previsualización pequena alterna o modelo de iluminación interna entre unha esfera e un cubo.
Utilice a caixa de lista Luz ambiente para definir a luz ambiente que brilla cunha intensidade uniforme en todas as direccións.