Propiedades das liñas en escada
Nas gráficas que mostran liñas (tipo liña ou tipo XY) pode escoller mostrar curvas en vez de liñas rectas. Dispón de opcións que controlan as propiedades desas curvas.
Diferentes tipos de escada
-
Comezar cunha liña horizontal e subir verticalmente ao final.
-
Comezar subindo verticalmente e rematar cunha liña horizontal.
-
Comezar cunha liña horizontal, subir verticalmente no medio dos valores de X e rematar cunha liña horizontal.
-
Comezar subindo verticalmente até o medio dos valores de Y, debuxar unha liña horizontal e rematar subindo verticalmente ao final.