Axuda do Collabora Office 24.04
Modifica o aliñamento dos eixes ou das etiquetas dos títulos.
Algunhas das opcións listadas non están dispoñíbeis para todas as etiquetas. Por exemplo, existen opcións específicas para etiquetas de obxectos 2D e 3D.
Especifica se as etiquetas dos eixes deben mostrarse ou ocultarse.
A icona Activar/desactivar título do eixe da barra de ferramentas Formatado activa e desactiva a etiquetaxe de todos os eixes.
Define a orientación do texto contido nas celas. Prema nun dos botóns ABCD para atribuír a orientación requirida.
A variábel de orientación de texto defínese ao premer en calquera lugar da roda. As letras "ABCD" do botón, correspóndense coa nova configuración.
Atribúe unha orientación de texto vertical aos contidos da cela.
Se define unha etiqueta para o eixe X vertical, o texto pode cortarse pola liña do eixe x.
Permite inserir manualmente o ángulo de orientación.
Determina o fluxo de texto da etiqueta de datos.
Especifica que o texto das celas pode sobreporse a outras celas. Pode ser moi útil naqueles casos en que hai falta de espazo. Esta opción non é válida cando hai diferentes orientacións de título.
Permite unha quebra de texto.
As opcións deste tabulador só poden aplicarse en gráficas 2D, en Formatar - Eixe - Eixe Y ou Eixe X. Pode definir nesta área o aliñamento das etiquetas de números do eixe X ou Y.
Coloca os números no eixe, uns ao lado dos outros.
Dispón os números no eixe, cos números pares debaixo dos números impares.
Dispón os números nos eixes, cos números impares debaixo dos números pares.
Dispón automaticamente os números no eixe.
Se o tamaño da gráfica é moi pequeno, pode haber problemas na visualización das etiquetas. Para evitar que iso aconteza, aumente o tamaño da presentación ou reduza o tamaño do tipo de letra.
Specify the text direction for a paragraph that uses complex text layout (CTL). This feature is only available if complex text layout support is enabled.