Axuda do Collabora Office 24.04
Collabora Office Calc é un aplicativo de follas de cálculo que se usa para calcular, analizar e xestionar datos. Tamén pode importar e modificar follas de cálculo de Microsoft Excel.
Collabora Office Calc ofrece unha serie de funcións (por exemplo, funcións estatísticas e financeiras) que pode utilizar para crear fórmulas que efectúen cálculos complexos cos datos.
Tambén pode utilizar o Asistente de funcións para crear fórmulas.
Un recurso interesante é a posibilidade de mostrar inmediatamente os resultados das modificacións feitas nun factor dos cálculos que comprenden varios factores. Por exemplo, ao alterar o período de tempo no cálculo dun empréstito poden verse afectadas as taxas de xuro ou as cantidades de amortización. Ademais, é posíbel xestionar táboas máis grandes usando distintos escenarios predefinidos.
Utilice follas de cálculo para dispor, almacenar e filtrar os datos.
Collabora Office Calc permítelle arrastrar e soltar táboas de bases de datos, ou usar as follas de cálculo como fontes de datos para crear cartas modelo en Collabora Office Writer.
Premendo unhas poucas veces no rato, pode reorganizar a folla para mostrar ou ocultar intervalos de datos específicos, formatar intervalos a partir de condicións especiais, ou calcular rapidamente subtotais e totais.
Collabora Office Calc permite presentar os datos da folla de cálculo activa en gráficas dinámicas que se actualizan automaticamente ao modificar os datos.
Utilice os filtros de Collabora Office para converter ficheiros de Excel ou para abrilos e gardalos noutros formatos.